Organoloxía musical e outros aspectos de interese etnomusicolóxico nos 'Ensaios poéticos en dialecto berciano' de Antonio Fernández Morales

  • Organoloxía musical e outros aspectos de interese etnomusicolóxico nos 'Ensaios poéticos en dialecto berciano' de Antonio Fernández Morales

Sobre o territorio da provincia de León coñecido como o Bierzo, no Noroeste Ibérico, o traballo de Morales achega unha particular lexicografía interdisciplinaria recollida en fala vernácula. Desde os planos investigadores da etnomusicoloxía, organoloxía musical, filoloxía e a etnografía, este corpus filolóxico constitúe un interesante referente para documentar no tempo e describir con minuciosidade distintos aspectos de toda índole. Repertorios, obxectos e instrumentos musicais, situacións e paisaxes sonoras da realidade cotiá popular e tradicional relacionadas con el e propias de finais da primeira metade do XIX, abórdanse tanto no ámbito rural como, contrastando co mesmo, no dos pequenos núcleos urbanos, cabeceiras desa comarca nos ámbitos profano e relixioso. Todo formulado desde un tratamento literario, de significado substrato e calado cultural sociopolítico acorde e habitual nas correntes máis internacionais do pensamento romántico do seu tempo ao que o autor, recoñecido progresista, non é alleo.

Autor
Suárez Pérez, Héctor-Luis, Artículo,
Editorial
Real Academia Galega
Lugar de publicación
A Coruña
Fecha de publicación
2017
Revista en la que se publica
Boletín da Real Academia Galega
Páginas
613 - 640
e-ISSN
2605-1680
ISSN
1576-8767
Dirección del ejemplar (enlace PDF)