Linguas de contacto na bisbarra do Bierzo: castelán, astur-leonés e galego

Na Comarca do Bierzo fálanse tres linguas, dúas delas linguas propias: o galego e o astur-leonés. Consecuencia do antigo contacto lingüístico son as numerosas interferencias e empréstimos que encontramos entre o galego e o astur-leonés. Estes préstamos, calcos e interferencias que se verifican nas diferentes variedades lingüísticas intensifícanse nas zonas onde se deseña a fronteira lingüística, o que se chama xeralmente «chapurreao». O astur-leonés na comarca do Bierzo, fálase principalmente nos vales de Ribas de Sil, Forniella e La Cabrera. O número de falantes pode andar entre os 2.500 e os 4.000. O dominio lingüístico astur-leonés atópase hoxe disperso na provincia de León, e só fican illas lingüísticas, restos do antigo dominio lingüístico principalmente nas montañas do norte da provincia e en La Cabrera. Aproximadamente o 50 % da poboación que habita na área do Bierzo de fala galega, falan o galego habitualmente. Na última reforma do estatuto da Comunidade Autónoma de Castilla y León incorporouse o recoñecemento do galego como lingua territorial, sen que até o de agora teña repercutido sensibelmente na recuperación da lingua. A situación do galego tamén é preocupante, porén hai algúns dados que nos permiten ser algo mais optimistas.
Autor
Bautista, Alberto, Artículo,
Editorial
Instituto de Estudios Románicos "Romania Minor"
Fecha de publicación
2006
Revista en la que se publica
Ianua. Revista Philologica Romanica
Número (revista)
6
Páginas
15-22
e-ISSN
1616-413X
Dirección del ejemplar (enlace PDF)